IniciosociedadeOnce casos menos na provincia; Betania queda sen positivos trala alta dun...

Once casos menos na provincia; Betania queda sen positivos trala alta dun maior

A presión hospitalaria mantense na Mariña, con dous doentes con coronavirus na Uci

Publicada o

- Advertisement -

A presión hospitalaria por mor do coronavirus mantense estable na bisbarra, con dous ingresados, ambos na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital da Mariña. Esta cifra de pacientes en camas de críticos mantense desde hai tres semanas, o 13 de abril, mentres que o número de doentes con positivo en planta foise reducindo até quedar a cero o pasado día 27.

No tocante aos casos activos na provincia, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 227, once menos ca onte. Cabe salientar que o pasado mércores a Xunta de Galicia decidiu variar, despois de dous meses, os criterios de reconto da información oficial, incluíndo as altas “epidemiolóxicas” en domicilio, aquelas que conten con PCR negativa ou cuxos pacientes pasaran o tempo suficiente sen síntomas para “considerar clinicamente” que superaron a doenza.

Dos 227 positivos, hai cinco nas Ucis da provincia, os outros tres na unidade de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Outros seis permanecen en hospitalización -tres no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

En domicilio contabilízanse 216 casos activos, doce menos ca onte.

Un total de 26 persoas –cinco na Mariña– faleceron na provincia de Lugo pola pandemia. Déronse 607 altas.

OITO CASOS ACTIVOS EN RESIDENCIAS

O reconto oficial da Xunta de Galicia contabiliza oito positivos por coronavirus nas residencias da Mariña Lucense, un menos dos documentados o pasado venres. O descenso débese á alta dun usuario do xeriátrico Betania (Viveiro), que queda sen casos activos.

Tres maiores e unha traballadora da residencia de Cervo; unha usuaria da vivenda comunitaria privada Vilaoudriz, na Pontenova; un maior de Mirador del Eo, en Ribadeo, e dúas operarias da residencia de maiores de Burela son os casos activos nos xeriátricos mariñaos, segundo a estatística do Sergas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...