IniciosociedadeCinco tripulantes do Notre Dame, de Cedeira e amarrado en Celeiro, dan...

Cinco tripulantes do Notre Dame, de Cedeira e amarrado en Celeiro, dan positivo por coronavirus

A maioría da tripulación do buque está confinada nos domicilios e o patrón ingresado en Burela por pneumonía

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Cinco tripulantes do pesqueiro francés Notre Dame, amarrado no porto de Celeiro, deron positivo nos tests rápidos de coronavirus aos que foron sometidos e o patrón do barco está ingresado no Hospital Público da Mariña, en Burela, como consecuencia dunha pneumonía, informaron fontes médicas.

A maioría dos membros da tripulación, formada por 16 persoas, foi confinada nos seus respectivos domicilios para que poidan permanecer en illamento ata superar a enfermidade ou o período de corentena.

Os mariñeiros do barco, cuxo armador é de Cedeira, están á espera de que se confirmen os positivos mediante as probas de PCR, de maior fiabilidade e que permiten detectar a presenza de anticorpos.

DESINFECCIÓN DO BARCO

As autoridades sospeitan de que unha parte da tripulación puido resultar infectada polo coronavirus e algúns integrantes poderían enfermar de Covid-19 cando faenaban na zona de Gran Sol, no Atlántico norte. O barco podería ser sometido a un proceso de desinfección durante esta semana no porto de Celeiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...