Confirmada a alta do operario de Alcoa San Cibrao que dera positivo en coronavirus

O servizo médico da fábrica destaca a "case inexistente" incidencia da Covid-19 neste centro de traballo, onde só se rexistrou un caso

Planta de aluminio de Alcoa San Cibrao. WIKIPEDIA

EFE |  O servizo médico da factoría de Alcoa en San Cibrao confirmou a alta do operario da planta mariñá que dera positivo nas probas de coronavirus (Covid-19), segundo informou o comité de empresa da fábrica.

Nese mesmo informe, o servizo médico informa de que o traballador, o único que continúa en corentena nesta fábrica, “probablemente” recibirá mañá martes a alta.

Por todo iso, subliña que “a incidencia e o nivel de contaxio comunitario segue sendo case inexistente” nese centro de traballo. A compañía puxo a funcionar sistemas de control de temperatura corporal nos accesos á planta de San Cibrao, como medida de prevención para evitar contaxios entre o persoal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here