IniciosociedadeMondoñedo prepárase para as patronais dos Remedios

Mondoñedo prepárase para as patronais dos Remedios

A comisión deu a coñecer o programa dos festexos, que se celebrarán do 7 ao 11 de setembro

Publicada o

- Advertisement -

As festas patronais en honra da Virxe dos Remedios, patroa da diócese, xa teñen programa. Presentaron as actividades a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o concelleiro de xuventude, Alberto García e os membros da comisión organizadora.

Os festexos comezarán o venres, 7 de setembro. Ás 19.30 horas celebrarase a Novena da Nosa Señora dos Remedios no seu santuario. Ás 22.00 horas arrincará a quinta edición do festivalMamá quero cantar‘ na praza do Concello. Ao seu remate comezará a Festa da Xuventude, co concerto de Hugo Torreiro & Carlos Bau e o show #DosEnPunto. Un Dj porá o peche á xornada.

SÁBADO

O sábado, haberá sesión vermú desde as 14.00 horas co grupo Samba. Pola tarde, a partir das 17.30, haberá un espectáculo de maxia na praza do Concello. Ás 18.00 horas comezará un partido de fútbol no Viñas da Veiga, que enfrontará a Mondoñedo FC e UD Folgueiro. Ás sete comezarán os cantos de taberna, que percorrerán os locais de hostalería.

Ás 19:30 horas celebrarase o último día da Novena dos Remedios, coa presenza do bispo, Luís Ángel de las Heras. Samba e Garibaldi encargaranse da verbena, desde as 22.00.

o alcalde de ortigueira será o encargado de presentar a misa en ofrenda á patroa da diócese

DOMINGO

O domingo, a xornada festiva arrincará coa misa en ofrenda á Virxe dos Remedios, ás 12.00 horas, presentada polo alcalde de Ortigueira, Juan Penabad. A continuación celebrarase a procesión.

Para as 13.30 horas está previsto un concerto da banda municipal de música na contorna da igrexa. Ás 14.00 horas comezará a sesión vermú, con Ritmo Joven. A formación Pascual Veiga de Mondoñedo ofrecerá unha actuación ás 18.30, na praza do Concello, e a verbena arrincará ás 21.30, con Ritmo Joven e Nueva Fuerza. Ademais, durante toda a xornada haberá mercado.

o luns haberá un desfile do traxe galego a beneficio da asociación sendeiriña

LUNS

O luns, festivo local, comezará coa a misa de cofrades, desde as 12.30 horas. Ás 13.30 horas iniciarase a sesión vermú con Salsarena. A partir das 20.00 horas haberá un desfile do traxe tradicional galego no auditorio municipal. A entrada custará dous euros, que irán destinados á asociación Sendeiriña, organizadora do evento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...