A concelleira e presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela, Toñi Eijo, anuncia que non haberá festexos neste 2020 debido á pandemia do coronavirus. A edil subliña que as festas patronais de Burela reúnen todos os anos a milleiros de persoas, o que fai que nas circunstancias actuais non se poidan celebrar. A cita ía ter lugar do día 5 ao 8 do vindeiro mes de xuño.
A presidenta da comisión organizadora das festas patronais de Burela dixo que “estivemos esgotando todos os prazos posibles, pero son unhas datas que congregan a unha aglomeración de xente, son milleiros de persoas ás que veñen a estas festas, entón é inviable que se poidan celebrar”.
Eijo lembrou que “tocaba facelas agora, dentro dun mes, co cal decidimos que non. Sentíndoo moito, a nosoutros gustaríanos, pero ata o ano non haberá festas patronais en Burela”, concluíu.