A residencia de Burela, libre de coronavirus polo momento trala alta dunha traballadora

No Hospital da Mariña permanece un paciente en planta e dous na Uci, ambos con proba negativa tras ingresar con senllos positivos

Desinfección na residencia de Burela, na pasada primavera. AXM

A residencia de Burela queda sen positivos por coronavirus despois de recibir a alta unha das dúas traballadoras que contraeran o Covid-19 neste centro de maiores.

Deste xeito, e malia que a Xunta de Galicia considera como infectados no reconto oficial deste venres a tres usuarios do xeriátrico de Cervo que, segundo a dirección do centro de maiores, xa deron negativo nas probas, o número de positivos nas residencias da Mariña descenden a dous.

Os casos activos son os dunha usuaria da vivenda comunitaria privada de Vilaoudriz (A Pontenova) e a dun maior de Mirador del Eo (Ribadeo). Non hai empregados infectados segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No tocante á atención hospitalaria, permanecen no Hospital Público da Mariña dous pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), que ingresaron por coronavirus pero que xa teñen proba negativa, e un doente en planta, o capitán do barco Notre Dame.

A nivel provincial, contabilízanse 167 casos activos, tres menos có pasado día 7 de abril. Seis persoas fican na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e un en planta deste mesmo centro hospitalario.

Documentáronse 159 casos en domicilio, polos 162 de onte. Un total de 27 persoas faleceron por coronavirus –alomenos cinco na Mariña, dado que a Xunta non concreta a orixe dos dous pacientes que morreron en domicilio- e déronse 702 altas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here