- Advertisement -
As dificultades que provoca o coronavirus no rural tamén afectan a persoas que viven en risco de exclusión social con familias ao seu cargo. O problema é maior cando se trata de mulleres separadas ou divorciadas con nenos. A actual situación económica moitas veces impide que se poidan cumprir os termos de mantenza para os fillos e fillas.
Carmen pasa dos corenta anos, vive nun piso de aluguer nunha vila cabeza de comarca rural. A alimentación, as facturas e outros gastos necesarios, son o gran cabalo de batalla para ela e todas as persoas que viven unha situación semellante. Podes ler a reportaxe de Moncho Mariño no Galicia Confidencial.