IniciosociedadeViveiro e Burela comprometen "todas as facilidades" para ampliar terrazas respectando a...

Viveiro e Burela comprometen “todas as facilidades” para ampliar terrazas respectando a circulación peonil

O goberno local viveirense indicou aos empresarios do sector a distancia máxima que poden utilizar e o executivo municipal burelao axilizará a concesión de autorizacións

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro emitiu unha nota de prensa na que anunciou a todos os hostaleiros que dende o luns, día 11, se brindarán “todas as facilidades posibles para permitir a colocación das terrazas na superficie máxima que sexa viable, sempre e cando respecten o 50% de ocupación establecido polas autoridades sanitarias e a circulación peonil polas beirarrúas”.

Os establecementos deben asegurar, en todo caso, que se gardará a distancia social establecida polas normas do goberno.

“Cada un dos locais de hostalería que dispón de terraza conta co plano remitido por este Concello en anualidades anteriores, indicándolle o espazo máximo que é posible ocupar coa instalación da mesma; esa sería a superficie máxima que, en principio, podería ocupar cada hostaleiro”, indica o executivo municipal.

As solicitudes para autorización da actividade da terraza (que deben tramitarse no departamento de urbanismo) e para a autorización da ocupación deben realizarse a través da administración electrónica, segundo os formularios que pode descargarse na web municipal; no caso de querer ocupar máis superficie da establecida no plano referido, débese facer constar na solicitude que se presente, para poder valorar cada caso concreto atendendo as circunstancias actuais.

“O goberno municipal é consciente da difícil situación na que se atopan os establecementos de hostalería, pechados dende o pasado 14 de marzo e que agora comezan a recuperar parcialmente a súa actividade con grandes limitacións, polo que intentará axudar na medida do posible ao sector para paliar as consecuencias económicas desta situación”, conclúe o executivo local.

PAGO A PROVEDORES

Dende o pasado 1 de marzo, segundo o goberno local, Concello de Viveiro aprobou un total de 1.245 facturas en virtude das cales se realizaron pagos a proveedores por un importe de 1.367.801,44 euros.

RESPECTAR O PASO DOS PEÓNS, “ÚNICO CONDICIONANTE”

En Burela, o Concello “deu orde á oficina técnica de axilizar todo o posible o tema das terrazas para os negocios que van abrir o luns con esas instalacións”, indica o concelleiro de comercio, Ramiro Fernández Rey. “Imos tentar que teñan a máxima facilidade para poder traballar coas mellores condicións posibles e ampliar superficie, sempre e cando se respecte o paso dos peóns polas beirarrúas, que é o único condicionante que van ter. Vamos facilitar en todos os aspectos a colocación de terrazas e incluso a ampliación das mesmas. Xa hai varias peticións, que penso que se van resolver rapidamente”, remarcou.

Ademais, o goberno local burelao repartirá cartelería e xel desinfectante que o entre os establecementos que abran as súas portas ao público o vindeiro luns.

XEL DESINFECTANTE

“Desde a concellería de Comercio xa adquirimos 100 litros de xel desinfectante de mans, que empezaremos a repartir a partir do luns. Todos os que queiran ter acceso, que compramos en envases grandes, o único que ten que traer é un recipiente pequeno porque imos repartir un cuarto de litro por cada comercio. Aparte diso tamén estamos facendo carteis para poñer nos comercios, que vamos distribuír para a semana, nos que poñeremos as normas básicas de seguridade que terán que usar os establecementos”, expón Fernández Rey.

O edil indicou que “ademais estamos axilizando todo o que podemos, dentro das posibilidades da Intervención municipal, todo o pago a provedores. No día de onte tíñamos pagadas todas as facturas ata o día 30 de abril. Penso que é unha boa iniciativa para eses pequenos provedores que temos no Concello e que necesitan liquidez e que se lles pague rápido. Eu penso que é unha medida importante para ese tecido comercial”, sinala.

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN

O edil burelés subliñou que “imos iniciar unha campaña de promoción potente do comercio local. A través das redes sociais e de diferentes medios de comunicación vamos promocionar o comercio local, que nesta situación está pasando por momentos difíciles”. Finalmente, no tocante ás axudas comprometidas, “temos xa preparado un borrador das bases para esas subvencións, que tentaremos que sexan o máis grandes posibles e que poidan recoller todos os aspectos de gasto que teñen agora mesmo os comercios. Irán vinculadas, evidentemente, aos presupostos municipais, que aínda non temos aprobados. Esperemos que se aproben para que estas axudas vaian adiante”, concluíu.

Estas medidas foron acordadas coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) nas reunións mantidas. O vindeiro luns ás 13.30 horas haberá outra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...