IniciosociedadeO mercado de San Cibrao reabre este xoves só con postos agroalimentarios

O mercado de San Cibrao reabre este xoves só con postos agroalimentarios

O PP critica a reubicación dos encontros semanais de Ribadeo, no aparcadoiro municipal, e de Burela, en Torrentes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou a través dun comunicado de prensa que retoma este xoves o mercado semanal de San Cibrao, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas.

O mercado celebrarase na Praza dos Campos. O goberno local habilitará unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.

Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.

POLÉMICA POLOS CAMBIOS DE UBICACIÓN

A reubicación dos mercados de Ribadeo e Burela foi criticada polos grupos municipais do PP.

O Partido Popular burelao asegura que o Concello quere “aproveitar a situación actual” para “completar un dos seus anhelos políticos, cambiar o mercado para Torrentes“. O voceiro conservador, Manuel Rouco, censura unha decisión tomada “sen consenso coa Acia, asociación de veciños, os hostaleiros ou os propios comerciantes”. Os populares consideran “unha temeridade” cambiar a ubicación “cando aínda non se aprobou o regulamento para o mesmo que xa prometera no mandato anterior”.

Ademais, argumentan, “nada garante que nin os comerciantes, tal e como se nos traslada dende este colectivo, nin os compradores habituais, veciños ou non de Burela, acudan a esta nova ubicación”.

En Ribadeo, a concelleira conservadora Elena Sierra lamenta que “esta modificación fose dada a coñecer antes aos medios de comunicación que aos grupos políticos”, e afirma que “este asunto ten a relevancia suficiente para ser abordado na comisión técnico público-privada que dende hai semanas leva demandando o grupo municipal do Partido Popular, pero que o alcalde segue sen convocar”.

Sierra criticou a nova ubicación “pola repercusión económica que esta modificación conleva tanto para as tendas como para os negocios de hostalería”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...