IniciosociedadeAs ITV da comarca reabren con servizos mínimos e cita previa obrigatoria

As ITV da comarca reabren con servizos mínimos e cita previa obrigatoria

As estacións instan a non obsesionarse con pasar a inspección, dado que por agora hai 30 días desde que remate o estado de alarma e o parón non debera xerar problemas aos coches

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/axencias. As estacións da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) da Mariña Lucense, en Viveiro e Foz, retomaron este martes aos poucos a actividade, con servizos mínimos, despois de que a última hora do pasado luns recibiran a autorización para abrir coa intención de dar servizo ao transporte pesado por ser o máis afectado nesta crise sanitaria.

Turismosfurgonetas e algún camión, todos con cita previa obrigatoria, foron os primeiros vehículos que pasaron a ITV nas estacións da Mariña.

A Dirección Xeral de Industria acordou onte con SYC Applus a apertura das estacións, que polo de agora permanecen á espera de recibir a orde ministerial que notifique prazos e prórrogas, polo que por agora os períodos administrativos sobre a ITV seguen en suspenso mentres dure o estado de alarma.

Con dúas revisións como máximo por cada 15 minutos para evitar aglomeracións, os traballadores tiveron que operar con máscaras, luvas e guantes, ademais de limpar as estacións varias veces ao día. Ademais, limitarán as súas funcións no interior do vehículo, coa participación do usuario, que deberá, seguindo as instrucións, manipular os distintos elementos como cinturóns de seguridade ou asentos para comprobar que está todo en orde.

Os expertos recomendan non obsesionarse con pasar a ITV, dado que para aqueles vehículos cuxo período de vixencia da inspección caducara durante o estado de alarma e as súas sucesivas prórrogas, haberá unha moratoria de 30 días naturais -unha vez finalicen as restriccións- a fin de cumprir coa obriga. Deste xeito, os condutores non van ser sancionados por este motivo.

Respecto a un posible desgaste dos turismos, os máis vellos poden ter algúns problemas coas baterías, á hora de arrincar, pero “dous meses non son suficientes” para xerar “verdadeiros problemas” nos coches. Por iso, instan a manter a calma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...