O pase de fases na desescalada está poñendo enriba da mesa o tema da conciliación. Familias con pequenos pregúntanse quen quedará ao coidado deles cando haxa que saír fóra traballar ou cando facelo dende a casa con eles non resulte viable.
Teletraballando, o coidado complícase e se os dous membros da parella teñen que traballar fóra da casa a cousa é inviable. Polo de agora non se poden deixar cos avós, nin tampouco traer á casa ‘canguros’, o curso xa rematou e as escolas infantís e centros de ocio permanecen pechados…
Unha empresaria do sector comenta que “ve inviable abrir a día de hoxe” e que “somos un tipo de negocio que non saben moi ben onde ubicarnos”. Ve complicado que lles deixen volver abrir e confesa que se van sacar algunha normativa que non sexa clara e viable non abrirá.
Preme abaixo para ler a nova entrega do Diario da Desescalada, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.