IniciosociedadeRibadeo pide ao Goberno que permita á poboación do Occidente de Asturias...

Ribadeo pide ao Goberno que permita á poboación do Occidente de Asturias mercar na vila

O Concello lembra que A Mariña oriental forma cos municipios asturianos "unha comarca natural, con contacto diario", e salienta que o municipio "vive do sector terciario"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Concello de Ribadeo envioulle un escrito á Subdelegación do Goberno en Lugo para solicitar que se lle permita o acceso ao seu municipio á poboación do Occidente asturiano que se achega habitualmente á localidade lucense para realizar as súas compras, como “medida necesaria para a reactivación económica da vila.

En declaracións aos medios de comunicación, o alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, asegurou que se trata dunha petición realizada con “cabeza e con corazón”, co “compromiso” de manter todas as medidas de protección recomendadas polas autoridades “fronte á pandemia”.

O rexedor recordou que os veciños de Ribadeo e a poboación do Occidente asturiano “forman parte dunha comarca natural“, máis aló dos límites administrativos, o que fai que moitos veciños da comunidade autónoma veciña fixesen uso do “comercio local” ribadense de forma habitual.

Recorda, así mesmo, que nin a provincia de Lugo nin Asturias “foron dos territorios máis afectados” pola urxencia sanitaria provocada polo Covid-19 e, “ambas atópanse en Fase 1” do proceso de desescalada e “nunha situación moi semellante”.

“Ribadeo vive do sector terciario e, ata fai unhas poucas semanas”, recorda Suárez Barcia, os veciños do Occidente asturiano “desprazábanse case a diario” á vila para realizar as súas compras.

Por iso, o alcalde espera que co paso á Fase 2 en Galicia “se teña en conta esta petición e se restablezan as relacións comerciais nesta comarca natural”.

REIVINDICACIÓN DE CATORCE MUNICIPIOS

Catorce municipios de Lugo e Asturias, pertencentes á Asociación Inter Eo, reclamaran igualmente que se abrise a mobilidade entre concellos limítrofes de unha e outra Comunidade Autonóma, dado que sen ela “perdemos o 50% dos recursos”.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...