A Mariña Central é unha das comarcas de Galicia onde menos circulou o coronavirus, segundo os datos do estudo de prevalencia realizado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
A Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central, en Lugo; e Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos na Coruña rexistraron una prevalencia de entre o 0 e o 0,5%; uns valores que non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.
Na Mariña Oriental e na Occidental superouse o 1,5%. Tamén nunha bisbarra cercana como Meira. Ortegal e a Terra Cha estiveron por debaixo do 1%, e por riba do 0,5%.