A Festa da Xuventude inaugurará o venres as festas na honra á Virxe dos Remedios en Mondoñedo. As mozas e mozos do municipio están convidados a participar na cuarta edición desta cita que se celebrará na Praza do Concello.
Un dos principais reclamos será a actuación dos cantantes coruñeses Hugo Torreiro e Carlos Bau que repasarán grandes éxitos do pop española co espectáculo #DosEnPunto. O duo interpretará cancións de artistas como Camilo Sesto ou Los Suaves, pasando por Alaska ou Amaral. A festa rematar cunha sesión Dj.
PUNTO DE INFORMACIÓN
Das oito ás dez do serán, estará aberta no recinto a carpa Xplora Xuventude de información xuvenil e asesoramento ás rapazas e rapaces que se acheguen ata alí.
O programa dérono a coñecer o concelleiro de Xuventude, Alberto García, e mais o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. O departamento autonómico financia íntegramente a celebración do evento