O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado de prensa que, un ano máis, o municipio acollerá as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), grazas ao convenio que o concello asinará coa Comisión Interuniversitaria de Galicia, por importe de 12.640,15 euros.
As probas ABAU terán lugar nas instalacións do IES Vilar Ponte. Neste centro examinaranse os alumnos de bacharelato que cursan os seus estudos nos seguintes centros: IES de Ortigueira, IES Dionisio Gamallo Fierros, IES Vilar Ponte, IES de Foz, IES Monte Castelo, IES Porta da Auga, IES Marqués de Sargadelos, IES Perdouro e IES María Sarmiento.
A convocatoria ordinaria terá lugar no mes de xullo e a extraordinaria celebrarase en setembro.
A MATRÍCULA NA GARDERÍA, DESDE O 10 DE XUÑO
O goberno local informou aos veciños do novo prazo de matrícula na escola infantil municipal que será desde o día 10 de xuño ao 15 de xullo.
En cursos anteriores, a matrícula da gardería municipal adoitaba realizarase no mes de abril. Este ano, como consecuencia da situación actual e atendendo ás restricións derivadas do estado de alarma, o Concello de Viveiro acordou pospoñer este prazo, establecendo inicialmente para a matrícula o período comprendido entre o 20 de maio e o 20 de xuño.
O executivo municipal advirte novamente que este prazo podería verse afectado polas posibles prórrogas que poidan aprobarse con respecto ao estado de alarma actual.