IniciosociedadeGalicia entra o luns na fase 2 da desescalada: que cambia?

Galicia entra o luns na fase 2 da desescalada: que cambia?

Libéranse as restricións para paseos ou o deporte, permitiranse as visitas nas residencias libres de Covid-19 e bares e restaurantes poderán abrir o interior con limitacións

Publicada o

- Advertisement -

O 47% da poboación española, 22 millóns de persoas, incluídos todos os de Galicia, pasarán á fase 2 da desescalada a partir do luns 25 de maio, segundo dixo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, na roda de prensa tralo Consello de Ministros extraordinario deste venres.

A falta de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) concrete a normativa, en principio están contempladas na segunda fase de desescalada tralo confinamento polo coronavirus as seguintes actividades:

PASEOS E DEPORTE

Todas as persoas menores de 70 anos poderán pasear e realizar actividades físicas durante o día. No caso dos municipios de máis de 10.000 habitantes, resérvanse as franxas comprendidas entre as 10.00 e as 12.00 e as 19.00 e as 20.00 para as persoas maiores de 70 anos.

REUNIÓNS E CONGRESOS

Reláxanse as medidas no tocante ao contacto social, ampliándose a 15 o número máximo de participantes permitidos en reunións. Increméntase ata 20 as persoas que poden realizar en grupo actividades de turismo activo e de natureza e permítese a celebración de congresos, encontros, reunións de negocio e conferencias sen que se supere a cifra de 50 asistentes e sempre que se respecte a distancia física esixida de dous metros.

Non estará permitida a mobilidade entre provincias.

VISITAS A RESIDENCIAS

Poderanse autorizar as visitas nas residencias de maiores dun único familiar por quenda e con cita previa, sempre que non haxa casos de coronavirus confirmados ou residentes en corentena.

COMERCIOS E HOSTALERÍA

Os locais comerciais poderán abrir independientemente do seu tamaño, aínda que o aforo reducirase ao 40%. Deberá existir un horario para atender prioritariamente a maiores de 65 anos.

Abrirán establecementos de hostelería e restauración para consumo no local, salvo os locais de discotecas e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere un 40% do seu aforo. Non se poderá consumir nas barras e preferiblemente o cliente deberá reservar unha mesa previamente. As terrazas seguirán cunha limitación do 50% do seu aforo.

Tamén poderán abrir ao público as zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos, sempre que non se supere un terzo do seu aforo.

CINES, TEATROS E AUDITORIOS

Cines, teatros e auditorios poderán reabrir sempre que conten con butacas preasignadas e non superen un terzo do aforo. Tamén poderán abrir as salas de exposicións e monumentos e nas bibliotecas permitirase a lectura dentro das instalacións, pero en ambos casos coa mesma limitación.

No caso dos concertos ao aire libre, o público deberá permanecer sentado, gardando a distancia necesaria e non poderá superarse un terzo do aforo autorizado, nin reunir máis de 400 persoas.

PISCINAS E PRAIAS

As piscinas recreativas poderán reabrir, pero limitando ao 30% o aforo. Tamén se reabrirán as praias, pero gardando a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.

LUGARES DE CULTO, VODAS E VELORIOS

Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 50% do seu aforo.

Ademais, poderanse realizar de novo vodas sempre que non se supere o 50% do aforo do lugar no que se leve a cabo e que non se superen as 100 persoas se é ao aire libre e as 50 se é baixo teito.

O máximo de asistentes aos velorios será de 25 persoas en espazos ao aire libre e de 15 en espazos pechados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...