O Concello da Pontenova convoca aos veciños pola supresión do médico

O Sergas amortizará a praza do galeno xubilado e o goberno local chama a unha reunión o día 15

Convocatoria da xuntanza. A PONTENOVA.ES

O Concello da Pontenova convoca aos veciños o vindeiro martes, día 15 de abril, para unha xuntanza que comezará ás 20.30 horas no salón de actos da casa da cultura.

O tema a tratar na reunión será que medidas adoptar despois da xubilación do médico de familia, Ramón Francisco Castro Vázquez, dado que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) decidiu non cubrir a praza do galeno.

O goberno local anima a todos os pontenoveses a participar na xuntanza, xa que é unha problemática que afecta a todos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here