Partindo desta oportuna corrección non deixa de ser, aínda para os galegofalantes, un concepto que relacionamos directamente co Entroido, e empregalo agora no día a día das nosas vidas desconcerta un pouco, a verdade. De ser un aparello empregado como elemento de protección en certos traballos convértese agora nunha prenda máis, nun complemento indispensable. A máscara pasou de ser un elemento recomendable a obrigatorio en lugares pechados e sempre que non se poda garantir a distancia de seguridade entre persoas. Co cal, a máscara na cara nada máis saír da casa ou no bolso preparada para facer o seu servizo se a situación o require.
Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario da Desescalada, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.