IniciosociedadeConcello e Acisa cancelan o Ribadeo Indiano por mor do coronavirus

Concello e Acisa cancelan o Ribadeo Indiano por mor do coronavirus

"Debemos antepoñer a responsabilidade por riba de todo para garantir a máxima protección no tocante á pandemia", afirma o alcalde ribadense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello e maila Acisa anunciaron este mércores que cancelan de mutuo acordo o Ribadeo Indiano. A festa de recreación histórica, que congregou 60.000 persoas o pasado verán, cun impacto económico na vila estimado en 3,5 millóns de euros, cumpriría do 10 ao 12 de xullo a súa sétima edición.

“Debemos antepoñer a responsabilidade por riba de todo para garantir a máxima protección no tocante ao coronavirus, que nos fai ter en conta a necesidade de distanciamento físico entre a cidadanía e do control de aforo“, argumentou o alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia.

O rexedor sinala que tamén se suspenderán “aqueles outros eventos que poidan supoñer masificacións e ir contra as directrices sanitarias que todos debemos cumprir polo menos durante esta época estival”.

“Traballaremos por unha edición marabillosa do 2021, que sexa a festa do reencontro, non só con aqueles que marcharon para América, senón agora tamén para que todos os ribadenses, mariñaos e persoas que veñen de fóra nos volvamos atopar”.

Pola súa banda, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, admite “o sacrificio que supón esta cancelación para toda a asociación, principalmente o comercio e hostalería, pero cremos que a seguridade é o primordial e non cometer ningún erro, para poder facer no 2021 un Ribadeo Indiano máis forte”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...