Iniciosociedade(VÍDEO) A actriz burelá Rosalía Castro pon voz ao novo spot turístico...

(VÍDEO) A actriz burelá Rosalía Castro pon voz ao novo spot turístico de Viveiro

O Concello lanza unha campaña en redes sociais para dar a coñecerse a nivel estatal como un destino seguro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lanza a partir deste mércores unha campaña en redes sociais para dar a coñecerse a nivel estatal como un destino seguro. Para isto contou coa axencia de marketing digital de Lugo estati.co que realizou un spots e varias creatividades baixo o slogan Asómate a Viveiro.

A idea a de campaña é mostrar os espazos abertos e as diferentes posibilidades de turismo seguro que ofrece Viveiro para gozar sen problemas dunha estancia este verán.

O spot e as imaxes que acompañan a campaña suxiren as distintas posibilidades que ofrece Viveiro tanto se se viaxa en familia, en parella ou só; as diferentes opcións de aloxamento e as diversas alternativas de turismo que ofrece: natureza, praias, historia ou gastronomía.

Para a voz do spot contouse coa actriz da Mariña Lucense Rosalía Castro, que participou en series como ‘Serramoura‘ ou ‘El Comisario‘ e obtivo o Premio á Mellor Actriz no OUFF de Ourense 2018 polo seu traballo en ‘Mouras‘.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...