IniciosociedadeA Mancomunidade aproba unha declaración institucional sobre Alcoa

A Mancomunidade aproba unha declaración institucional sobre Alcoa

Esixe á empresa que rectifique, ao Goberno que actúe para abaratar a luz e intervir a empresa se é necesario e á Xunta que incentive investimentos no complexo industrial de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio a Alcoa San Cibrao. O presidente do ente supramunicipal, Fran Cajoto, amosouse satisfeito e dixo que “ante un problema común non hai cores políticas”.

Cajoto sinalou ao remate do encontro telemático celebrado esta tarde que “están a ser uns días moi duros, con moita incerteza para as traballadoras e traballadores de Alcoa polo anuncio da factoría dese anuncio, aínda que sexa informal, para pechar a parte de Aluminio, que conlevaría 534 despedimentos na propia Alcoa e máis as auxiliares, que tamén se verían afectadas”.

O presidente da Mancomunidade manifestou que “este é un problema estrutural da Mariña, Alcoa dá traballo estable e de calidade a moitos veciños e non podemos prescindir agora mesmo desta fonte de emprego porque non habería alternativa a día de hoxe. Por iso se plantexou esta reunión de urxencia desde a Mancomunidade, que xa ten un marco establecido, para que todos os Concellos teñamos unha voz común nesta problemática e vaiamos todos remando no mesmo sentido. Agora mesmo non importan as cores políticas, o que importa é o emprego de calidade que temos que garantir na Mariña”, zanxou.

Cajoto quixo “agradecer desde logo a actitude moi positiva que tiveron todos os intervenientes na reunión dos distintos grupos políticos. Chegouse a un acordo falando con tranquilidade e poñendo en común as visións que temos de Alcoa, que fundamentalmente son a mesma: que se garanta o emprego e para iso temos que esixir medidas desde os concellos”.

SEIS PUNTOS

Os puntos acordados son os seguintes:

1.- Que a multinacional Alcoa abandone o plan de desmantelamento da factoría de Aluminio e rectifique no proceso de paradas de cubas electrolíticas.

2.- Que se convoque de forma urxente a mesa multilateral de Alcoa San Cibrao, composta polo Goberno de España, Xunta de Galicia, multinacional Alcoa, comité de empresa e sindicatos con representación, para avanzar nunha solución definitiva para a factoría.

3.- Que o Goberno do Estado, no marco das súas competencias, aprobe con carácter urxente unha tarifa eléctrica que recolla o contido das alegacións presentadas na tramitación do estatuto de electrointensivas que garanta un prezo estable e competitivo e consolide os empregos na multinacional Alcoa e auxiliares.

4.- Que a Xunta de Galicia, no marco das súas competencias exclusivas en industria, incentive a renovación e mellora da planta e dos procesos industriais, tanto en materia medioambiental como en novas tecnoloxías, con entes como o Igape.

5.- Que no caso de que as anteriores medidas non sexan suficientes para garantir a continuidade da actividade e dos postos de traballo, tanto en Alcoa como nas empresas auxiliares, o Goberno do Estado estude a intervención da empresa.

6.- Que se retome por parte do Goberno do Estado a necesidade de autorización administrativa previa para tramitar os EREs, de forma que se fixe o obxectivo na garantía do emprego público.

E desde logo o que queremos desde a Mancomunidade é expresar o noso apoio unánime a todas as traballadoras e traballadores de Alcoa San Cibrao e das auxiliares nestes momentos tan difíciles que están a vivir”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...