IniciosociedadeO litoral da Mariña foi a segunda área de Galicia que máis...

O litoral da Mariña foi a segunda área de Galicia que máis turistas recibiu por habitante no 2019

Un informe do IGE acredita que os municipios costeiros da bisbarra asumiron un incremento poboacional de 1,98 viaxeiros por cada 100 residentes

Publicada o

- Advertisement -

A poboación dos concellos costeiros da Mariña Lucense soportou no verán de 2019 un incremento poboacional de 1,98 habitantes por cada 100 residentes habituais, a causa do impacto do turismo, segundo un informe presentado polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Deste xeito, o litoral bisbarra estaría preto de duplicar a media galega -1,19 viaxeiros por veciño- e sitúase como a segunda zona de Galicia que maior incidencia turística asume en función dos habitantes, só por detrás da Ría de Arousa (3,12 por cada 100).

No tocante ao porcentaxe de noites en aloxamentos turísticos, A Mariña só representa un 4,1% da cifra total de pernoitas en Galicia, moi por debaixo doutras zonas como a Ría de Arousa (19%), Santiago (17,2), Vigo (14,9%) e A Coruña e As Mariñas (13%).

Con todo, se este dato se pon en relación coa poboación, a comarca sitúase en terceiro lugar, con 1,74 potenciais novos habitantes por cada 100 residentes, só por detrás da Ría de Arousa (2,99%) e Santiago (1,89%).

O 74,3% DAS PERNOITAS, DE FÓRA DE GALICIA OU O ESTRANXEIRO

No relativo á procedencia dos viaxeiros, A Mariña é o segundo xeodestino dos 18 de Galicia con maior peso do turismo doutras partes do Estado ou do estranxeiro no total de pernoitas. O 74,3% das persoas que se aloxaron da bisbarra viñan de fóra da comunidade; en Santiago, este porcentaxe aumenta ao 75,6%. O dato contrasta co de Manzaneda, onde o 51,4% dos clientes dos establecementos hoteleiros procedían doutras áreas galegas.

Podes consultar o informe completo nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...