IniciosociedadeCatrocentos setenta pemes e autónomos de Viveiro percibirán 850 euros polo cese...

Catrocentos setenta pemes e autónomos de Viveiro percibirán 850 euros polo cese de actividade

Concello e Por Viveiro presentaron o borrador das bases das axudas contempladas nos orzamentos de urxencia que pactaron, cun investimento de 400.000 euros en subvencións

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, María Loureiro, e o voceiro de Por Viveiro, Bernardo Fraga, espuxeron este sábado nunha rolda de prensa o borrador das bases das axudas a pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos incluídas nos orzamentos de urxencia pactados por socialistas e independentes. Destinaranse un total de 400.000 euros para microempresas, pemes e traballadores por conta propia cuxa actividade se vise afectada polo peche de establecementos con motivo do estado de alarma. A normativa establece unha contía fixa de 850 euros por cada un dos 470 beneficiarios da medida.

As bases entrarán en vigor de saír adiante os orzamentos, que o goberno local levará ao pleno o 2 de xuño. Dado que o grupo socialista e mailo independente conforman maioría, aprobarase con total probabilidade. Unha vez haxa luz verde da corporación, deberán estar 15 días en publicación, polo que o proceso podería poñerse en marcha a finais do vindeiro mes.

REQUISITOS

Poderán requerir as axudas as persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou sociedades civís que se atopen no termo municipal de Viveiro; cuxa actividade se vira interrompida necesariamente polo estado de alarma decretado a fin de conter o coronavirus; que estean ao corrente das obrigas tributarias con Facenda e o Concello. En ningún caso o importe da subvención, unido ao doutras posibles subvencións, ingresos ou recursos pola mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público, poderán superar o custo total dos gastos subvencionables.

SOLICITUDES

A concesión da subvención será en rexime de concorrencia competitiva. O modelo de solicitude pódese consultar na web municipal, e o prazo de presentación das mesmas será dun mes desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincial (BOP). A comisión de valoración das peticións estará composta polo concelleiro de Facenda, a técnica de xestión tributaria, o director de servizos sociais e un administratito do servizo de tesourería ou intervención.

OBRIGAS

Os autónomos e empresas deberán entregar tamén unha memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas e tamén do custo das actividades realizadas.

As persoas ou entidades beneficiarias deberán manter a actividade empresarial durante tres meses, como mínimo, a partir do día seguinte á finalización do estado de alarma.

No caso de ter traballadores, manter como mínimo no terceiro mes a partir do día seguinte á finalización do estado de alarma, un 50% do persoal declarado no mes anterior á declaración do estado de alarma.

PAGO ANTICIPADO

A normativa inclúe a posibilidade do pago anticipado do 80% do importe da subvención, no prazo dun mes desde a data de resolución da concesión, sen que sexa necesaria a constitución de garantías.

DE NON GASTARSE TODO O DIÑEIRO, PODERÍAN SOLICITAR AXUDAS AS EMPRESAS CON PERDAS

Esta liña de axudas, como se mencionou, está destinada a empresas que tiveran necesariamente que parar; de non completarse o número de solicitudes suficientes, abriríase unha segunda para que poidesen beneficiarse do diñeiro non gastado os negocios ou autónomos que poidan acreditar unhas perdas do 75%.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...