Onte, por vez primeira en moitas semanas, vin pasar dous avións nun espazo curto de tempo. O estado de alarma deixou o ceo case en exclusiva para os animais que o habitan transitoriamente e xa non se vían aló no alto eses rastros de condensación que deixan os paxaros mecánicos tras de si.
Aquel ronsel do avión atravesoume a min segundo ía furando tamén o ceo. Foi, para min, un signo da volta á normalidade. A desescalada levada á práctica. Pasou un pouco o mesmo coa chuvia de hoxe, que nos colocou unha cuberta gris por riba das cabezas despois de días solleiros que, paradoxicamente, nos nubraban as ideas.
Preme abaixo para ler completa unha nova entrega do Diario da Desescalada, de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.
Diario da desescalada: volver voar e observar a pegada destes meses