IniciosociedadeLeccións da pandemia: "precisamos residencias medicalizadas e que acabe o maltrato a...

Leccións da pandemia: “precisamos residencias medicalizadas e que acabe o maltrato a Primaria”

Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia e facultativo en Lugo, cre que nesta emerxencia sanitaria vivíronse “situacións impropias”

Publicada o

- Advertisement -

Urxen as residencias de maiores medicalizadas. Así o reivindica o doutor Lorenzo Armenteros, portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia que exerce no centro de saúde de Illas Canarias (Lugo). Para el, esta é unha das grandes leccións da pandemia, desde logo “das máis graves e das máis duras”, pois nesta emerxencia sanitaria vivíronse “situacións impropias” dun país cun “nivel económico e social alto”.

“Non pode volver ocorrer. Non o merecen os anciáns nin o merece a sociedade. Nós podemos contribuír en gran maneira a que iso non suceda”, conta nesta entrevista a EFE. Se cesasen os “malos tratos” que observa no seu gremio desde hai unha década e, polo tanto, se Atención Primaria recuperase persoal e funcionalidade, podería haber incluso un triplo escenario nos centros de maiores: persoal propio, dos centros de saúde ou, polo menos, visitas periódicas”. Le a entrevista completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...