O Mercado Medieval de Alfoz súmase aos eventos cancelados polo coronavirus

O Concello anula a festa de recreación histórica ao entender que non se poderían cumprir con garantías as medidas de seguridade para previr contaxios

Mercado Medieval de Alfoz. MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ/FACEBOOK

O Concello de Alfoz anunciou a través dun comunicado de prensa que toma a decisión de cancelar o Mercado Medieval 2020, festa de recreación histórica prevista para o terceiro fin de semana do mes de xullo, para garantir o cumprimento dos protocolos de prevención de contaxio da Covid-19.

“Nestes protocolos recoméndanse medidas de limitación de aforo e distanciamento interpersoal que nun evento das características do Mercado Medieval de Alfoz, cita na que se xuntan artesáns, gastronomía ou representacións, e que congrega a un gran número de persoas cada ano, son difíciles de respectar”.

Deste xeito, para “garantir a saúde pública” de veciños e visitantes, optouse por cancelar o evento. “Desde as concellerias de Cultura e Igualdade estase a traballar para reforzar a programación cultural a partir do mes de xullo e ofrecer actividades musicais, teatro ou obradoiros que cumpran as normas recomendadas de prevención contra o coronavirus”, conclúe o goberno local.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here