A área sanitaria de Lugo non presenta grandes novidades neste xoves 4 de xuño. Os casos activos por coronavirus seguen baixando paulatinamente e, segundo o reconto da Consellería de Sanidade, hoxe contabilízanse 38 positivos, un menos que na xornada de onte.
Non hai cambios nos datos de presión asistencial; o Hospital da Mariña permanece sen ingresados e só un paciente con Covid-19 permanece no HULA, en planta. Outras 37 persoas están a ser atendidas nos seus domicilios. No reconto histórico da provincia documéntanse 884 altas e 28 falecementos a fío da pandemia, cinco deles na bisbarra, ademais do pasamento dun varón que superou a doenza na Uci de Burela, pero que xa non se recuperou.
569 CASOS EN GALICIA
Os datos oficiais para o conxunto galego indican 569 casos activos, o que supón unha baixada de 109 respecto do día de onte. Unha única persoa continúa na Uci e outras 23 están ingresadas en planta. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.