O goberno local de Viveiro enviou unha carta á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para urxila a que adopte as medidas necesarias para evitar o alto índice de siniestralidade na LU-102, a antiga estrada Viveiro-Ribadeo, de titularidade autonómica.
A alcaldesa, a socialista María Loureiro, lembra que xa presentou unha solicitude por este motivo en abril do 2018. Daquela remitiu ao Goberno galego unha copia do informe técnico emitido pola Policía Local do Concello de Viveiro.
entre 2017 e 2018 houbo máis accidentes ca nos catro anos anteriores
No dossier documéntanse 22 accidentes desde o ano 2013, a metade deles deles en 2017 e 2018, aínda que está cifra está desfasada, pois dende marzo producíronse máis sinistros. Segundo o informe, o treito que abrangue os puntos quilométricos 0,600-1,600 é o máis perigoso, con 14 incidentes.
RECOMENDACIÓNS
A Policía recomenda no documento a instalación de redutores de velocidade ou bandas transversais, así como a creación de guías lonxitudinais ao borde do carril, con dispositivos reflectantes, para mellorar a visibilidade.
A rexedora sinala que tras varios meses non se recibiu información sobre as intencións da Xunta e insta ao AXI a que adopte as medidas necesarias para mellorar a seguridade na estrada.