- Advertisement -
Ao comezo do confinamento as chamadas e videochamadas adquiriran unha nova dimensión. Os móbiles ardían porque todo o mundo quería falar con todo o mundo, incluso con esa xente que non adoitas facelo. Despois, ese exceso deu lugar a unha saturación e a non querer falar xa do coronavirus.
A corentena ao principio significaba para min, entre outras cousas, tempo, tempo para facer o que en circunstancias normais non fas. Pensaba nos/as escritores/as e este xoves chamei a un, que segundo lle dixen que esperara utilizar o confinamento para escribir díxome: “para escribir hai que vivir e saírse fóra de xauliña de hámster, que che poñen unha roda e paréceche que vives e corres, pero sempre estás no mesmo sitio”.
Preme abaixo para ler completa unha nova edición do Diario da Desescalada, de Xornal de Lemos, Xornal da Mariña e Lugo Xornal.