IniciosociedadeOs sindicatos denuncian o peche de 20 camas no Hospital da Mariña...

Os sindicatos denuncian o peche de 20 camas no Hospital da Mariña durante o verán

O recorte no período estival aplicarase desde o 1 de xullo; as centrais consideran que os vindeiros meses son "idóneos para reducir listas de espera" trala emerxencia do Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

Sindicatos como CIG, CC OO, UGT, CSIF ou CESM denuncian un “peche encuberto” de camas en hospitais de Galicia durante o verán e reclaman ao Sergas “optimizar recursos” para reducir as listas de espera despois do parón asistencial pola crise da Covid-19.

A responsable de CCOO-Sanidade, Emilia Lamas, lamentou que as xerencias de áreas sanitarias “como as de Ferrol, Lugo, A Mariña ou Pontevedra anuncien peches de camas hospitalarias de cara ao período estival”, cando “os meses de verán son idóneos para reducir as listas de espera“.

Fontes sindicais trasladaron que xerencias comunicaron a representantes sindicais o peche de 14 camas de pediatría na área de Ferrol desde o 26 de xuño; mentres que no HULA serán 64 e no Hospital Público da Mariña en Burela unha vintena desde o 1 de xullo.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...