IniciosociedadeXove devolverá as taxas dos servizos non prestados e anuncia axudas para...

Xove devolverá as taxas dos servizos non prestados e anuncia axudas para as empresas que parasen polo virus

O Concello anuncia que levará ao vindeiro pleno, o 15 de xuño, as subvencións para o comercio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove anunciou este venres que devolverá as taxas por servizos non prestados durante a emerxencia sanitaria por mor do coronavirus.

O goberno local indica que se devolverá media mensualidade do mes de marzo dos seguintes servizos: ioga, ximnasia de mantemento, pilates, aeróbic e outras similares, bordado á man e encaixe de bolillos. Asimesmo, e con respecto aos meses seguintes, non procederá liquidar o prezo público ata o comenzo da prestación dos respectivos servizos.

O mesmo ocorrerá coa escola infantil e o servizo de ximnasia rítmica -devolverase neste caso o importe correspondente a tres mensualidades e media do prezo aboado en concepto de matrícula durante o exercicio 2019-. No caso da piscina climatizada e instalacións deportivas anexas, as cotas de socio anual devolveranse desde o 14 de marzo e ata a nova apertura ao público da instalación, a razón de 7,5 euros por mes completo.

No tocante ás cotas de usuario mensual, o dereito ao uso das instalacións trasladarase a meses posteriores en función do importe das mensualidades aboadas. Os abonados con bonos de 15 utilizacións poderán rentabilizalos ata que se esgoten, sen caducidade anual.

Finalmente, no relativo aos cursos da escola municipal de natación, ofreceranse noutra data que será comunicada con antelación suficiente,procedendo con respecto a aqueles usuarios que tivesen aboada a tarifa do bimestre e que renuncien ao remate do curso, á devolución do importe correspondente.

O Concello de Xove asegura que levará ao pleno do 15 de xuño “axudas extraordinarias” para empresas ubicadas no termo municipal que se viron afectadas polo coronavirus.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...