IniciosociedadeGalicia comeza a fase 3 da desescalada con 515 casos de coronavirus,...

Galicia comeza a fase 3 da desescalada con 515 casos de coronavirus, 30 na provincia

Non se documentan ingresados por Covid-19 no Hospital da Mariña nin positivos nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia mantense en 30, segundo o reconto oficial ofrecido este luns -xornada na que comeza a fase 3 da desescalada– polo Sergas. No Hospital Público da Mariña non hai ingresados por Covid-19 e tampouco se documentan positivos nas residencias da bisbarra, acorde coa mesma estatística.

O único hospitalizado a causa da pandemia na área lucense permanece nunha planta do HULA. En domicilio documéntanse 29 casos, os mesmos ca onte.

No histórico da provincia, o Sergas contabiliza un total de 28 falecementos, cinco deles na Mariña Lucense, ademais dunha sexta persoa que faleceu na Uci de Burela tras superar a doenza durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 899 altas.

No tocante a Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 515; deles 113 son da área da Coruña, 30 da de Lugo, 43 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 107 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en Uci, 19 están en unidades de hospitalización e 495 no domicilio. Polo de agora, en Galicia déronse 10.252 altas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 151.390.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...