Iniciosociedade(VÍDEO) O alumnado do colexio de Cervo anima a participar na carreira...

(VÍDEO) O alumnado do colexio de Cervo anima a participar na carreira solidaria virtual ‘Corre por nós’

Poderase completar o percorrido ata o día 14, cunha inscrición de dous euros que se converterá en donativo a través da Cruz Vermella para os máis vulnerables ante a crise do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O Colexio de Cervo organiza durante esta semana unha carreira solidaria virtual, ‘Corre por Nós‘, cuxa recadación irá destinada á Cruz Vermella, que está a abastecer de alimento e de bens básicos as persoas máis vulnerables ante a crise socioeconómica que trouxo o coronavirus.

Trátase dunha actividade que normalmente se facía ao aire libre no campo de fútbol de San Cibrao, pero que se modifica este ano por mor da Covid-19. Estudantes do centro educativo cervense protagonizan un vídeo promocional no que animan a todos os veciños a participar na proba, que se prolongará ata o vindeiro domingo, 14 de xuño.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na web rockthesport.com, cunha inscrición de dous euros máis o que se queira engadir a vontade. Deste xeito, os participantes recibirán dorsal e poderán completar o percorrido suxerido -en función da categoría e idade- no lugar e horario que mellor lles conveña. “Está aberta a todo o mundo e somos flexibles nos criterios porque o interesante é a participación”, sinala o director do centro educativo, Manuel Martínez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...