IniciosociedadePro-Celeiro reclama a Portos que investigue o "ruído enxordecedor" padecido na vila...

Pro-Celeiro reclama a Portos que investigue o “ruído enxordecedor” padecido na vila do 4 ao 6 de xuño

A plataforma veciñal atribúe contaminación acústica ao secado de pintura dun buque por parte empresa do Varadoiro, que fixo "oídos xordos" ás protestas, ao igual que "a policía portuaria"

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma veciñal Pro-Celeiro, xurdida o pasado verán a raíz da reclamación do saneamento da ría de Viveiro, anunciou a través dun comunicado de prensa que presentou unha denuncia ante Portos de Galicia contra a empresa Varaderos de Cillero, cuxas instalacións ocupan unha terceira parte da praia urbana, polo “enxordecedor ruído” que padeceu a poboación celeirense que vive na contorna do areal entre os pasados días 4 e 6 de xuño.

Os veciños aseguran que o ruído debeuse ao funcionamento “dun potente xerador, marca Gam-Himoinsa, utilizado para alimentar o compresor de aire no secado da pintura que lle estaban aplicando a un buque de gran tonelaxe, o que se levaba a cabo mediante un chorreo con granada de escoura de óxido de cobre”.

O CONCELLO SUSPENDEU AS OBRAS TRAS VARIAS MEDICIÓNS DE RUÍDO

O ruído resultante destas tarefas, que provocaron ademais “moito pó en suspensión“, mantivo á veciñanza “en vela non só a pleno día durante as xornadas laborais do 4 e 5 de xuño, xoves e venres, senón tamén e de maneira insufrible durante a madrugada do venres ao sábado e toda a mañá dese día 6″, afirma o colectivo.

 

Pro-Celeiro sinala que ese mesmo día 6, a Policía Local, “que a petición da comisión demandante xa fixera previamente tres medicións do ruído constatando que o nível sobrepasaba amplamente os estándares legalmente permitidos, ordenou a paralización das máquinas e dos traballos que o producían”.

O Concello abriu expediente á empresa logo de ata catro medicións de ruído realizadas na madrugada do día 6, entre as 0.00 e 0.30 horas: no exterior da vía pública (cun valor de 95,70 decibelios) e en varios puntos dun edificio ubicado na Avenida do Porto, con valores de 87,30, 73,70 e 89,90 DB.

CRÍTICAS Á ACTUACIÓN “NEGLIXENTE” DA POLICÍA PORTUARIA

No escrito de denuncia enviado á atención da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o colectivo reclama que se abra unha investigación “sobre o comportamento neglixente tanto da policía portuaria como da manifesta mala fe da dirección do Varadoiro”, por considerar que “fixeron oídos xordos ante un problema do que eran perfectamente conscientes”.

Deste xeito, sosteñen que a Policía Local realizou “tentativas infrutuosas” por conectar cos responsables, así como os propios veciños, que efectuaron “reiteradas chamadas durante a madrugada do venres ao sábado aos teléfonos da empresa e da policía portuaria, cuxas oficinas están moi preto do Varadoiro”. Remarcan ademais que enviaron fotografías e vídeos que testemuñaban “o que se estaba padecendo, non dándose por enteirados”.

PÓ EN SUSPENSIÓN

Finalmente, piden que esa investigación tamén se centre en averiguar se “ese tipo de chorreo a realizar incorre nalgunha ilegalidade por razón de ruído, pó en suspensión e grao de nocividade para a saúde do vecindario de Celeiro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...