IniciosociedadeReconto do mércores: estabilidade na provincia, con 31 positivos, e os casos...

Reconto do mércores: estabilidade na provincia, con 31 positivos, e os casos baixan a 476 en Galicia

Segundo o reconto do Sergas, xa non hai pacientes de coronavirus nas Ucis galegas; o único infectado ingresado na área lucense permanece nunha planta do HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable, con 31 positivos, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña nin se documentan infectados nas residencias da bisbarra.

A única persoa hospitalizada por mor da pandemia permanece en planta no HULA. En domicilio documéntanse 30 casos, os mesmos ca onte.

No histórico da provincia contabilizáronse 28 falecementos, cinco deles na Mariña Lucense, ademais dunha sexta vítima que morreu na Uci de Burela malia superar o virus durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 903 altas.

A nivel galego, o número de persoas contaxiadas cae a 476; xa non hai pacientes de coronavirus nas Ucis galegas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...