IniciosociedadeAsturias rexeita pedir permiso para a mobilidade con Galicia e Cantabria

Asturias rexeita pedir permiso para a mobilidade con Galicia e Cantabria

O Executivo autonómico asturiano modifica a súa previsión tralos brotes do virus no País Vasco e discrepa da decisión de Feijóo de levantar o estado de alarma

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno de Asturias decidiu este xoves non solicitar ao Executivo central autorización para permitir a mobilidade con Galicia e Cantabria a partir do luns 15 de xuño. Segundo sinalou a portavoz do Executivo e conselleira de Benestar e Dereitos Sociais, Melania Álvarez, débese a “cuestións de saúde pública“.

Nese sentido, tras a rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno, Álvarez indicou que os últimos brotes de Covid-19 no País Vasco modificaron a previsión inicial de Asturias de solicitar esa mobilidade coas autonomías veciñas, o que permitiría o establecemento dun “corredor do norte” entre as autonomías da Cornixa Cantábrica, que se atopan todas en fase 3 da desescalada.

Doutra banda, a portavoz do Goberno asturiano lembrou que con Galicia “se expón outro problema”, xa que o presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo, mostrouse partidario de levantar o estado de alarma, mentres que no Principado defenden “que se manteña ata o final”, sentenciou.

Alcaldes de 14 municipios limítrofes de Lugo e Asturias solicitaron poder ter mobilidade entre eles, dado que coas restriccións ao movemento “perdemos o 50% dos recursos”. O rexedor de Ribadeo instara ao Principado e á Xunta a solicitar que se resolvese esta cuestión.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...