Academia A Mariña incorpora certificados de coidado de xardíns e administración

O centro suma así 22 titulacións on-line e outras 80 de forma presencial

Academia A Mariña. AXM

Academia A Mariña sumou dous novos certificados de formación, os de coidado de xardíns e administración. Estas dúas certificacións terán validez en todo o territorio español e equivalen a ciclos de formación profesional.

O director da academia, Ramón Hermida, resalta “o esforzo que facemos por manter as aulas e un bo número de alumnos que nos permita sustentar a programación”.

FORMACIÓN PRESENCIAL E ON-LINE

O centro conta así con 22 titulacións acreditadas polo Servizo Público de Emprego Estatal que se imparten on-line, ademais de 80 certificacións, acreditadas pola Xunta de Galicia, en modalidade presencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here