IniciosociedadePro-Celeiro sostén que tentou avisar a Varaderos de Cillero do ruído "enxordecedor"...

Pro-Celeiro sostén que tentou avisar a Varaderos de Cillero do ruído “enxordecedor” que durou “72 horas”

A empresa asegurou que o aparato quedou acendido "por descoido" e que aos veciños "non lles interesou" advertir á concesionaria do varadoiro para que o apagasen

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma Pro-Celeiro e Varaderos de Cillero polemizaron a raíz do “ruído enxordecedor” padecido pola veciñanza da vila entre os días 4 e 6 de xuño, que motivou un expediente á firma por parte do Concello de Viveiro. Os veciños, que atribúen contaminación acústica ás tarefas de secado de pintura dun buque, quixeron rebatir a versión do xerente da empresa, que asegurou que aos denunciantes “non lles interesou localizarnos”.

En declaracións a La Voz de Galicia, o dirixente de Varaderos de Cillero expuxo que un xerador eléctrico utilizado nos mencionados traballos “deixouse acendido o venres pola tarde nun descoido”, un problema que se houbese solucionado, asegurou, “se nos chamasen a nós”.

Pro-Celeiro cualifica de “excusas” estas explicacións e lembra que o xerador eléctrico “estivo facendo un ruído enxordecedor non só na madrugada do venres para o sábado, senón en 72 insufribles horas“.

O colectivo veciñal insistiu en que a primeira queixa, con medición de ruído da Policía Local, foi ás 12.45 horas do xoves, e que, o venres, como se seguía producindo o ruído -só interrompido entre as 15.30 e 16.30 horas”, localizaron a axentes portuarios e locais para reunirse co responsable da empresa.

Ademais, afirman os veciños, “arredor das dúas da madrugada do sábado, a Policía Local chamou ao teléfono da empresa que figura no xerador, que lle facilitou á súa vez o número da persoa que lles contratou os equipos, supostamente o titular da empresa. Pero estaba apagado”, argumentan.

EMPRESA E PLATAFORMA POLEMIZAN POLA UBICACIÓN

Pro-Celeiro e a empresa polemizaron finalmente pola ubicación do varadoiro. Un traballador de Varaderos de Cillero defendeu a necesidade dos empregos que ofrece a firma, unha argumentación “pueril” para a plataforma, que remarca que “nós non demandamos o peche, senón o seu traslado a un lugar no que non poña en risco o medio natural e a saúde das persoas, rescatando ao mesmo tempo para a cidadanía o espazo público -a praia- que agora ocupa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...