O Hospital Público da Mariña non rexistra ningunha persoa con Covid-19 este sábado 13 de xuño. Así, xunto ao hospital de Monforte, son os dous da área sanitaria que non teñen afectados polo coronavirus.
O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) mantén unha persoa hospitalizada por coronavirus. Non hai ingresos nas UCI dos diferentes hospitais da área sanitaria.
Por outra parte, o número de casos activos é de 22 en toda a área, sen rexistrarse variacións a respecto do pasado venres 12 de xuño.
O número total de falecidos na provincia é de 28, as altas rexistradas son 913 e o número total de casos, contando falecementos son 963.