IniciosociedadeA provincia comezará a "nova normalidade" con 21 casos de coronavirus e...

A provincia comezará a “nova normalidade” con 21 casos de coronavirus e Galicia con 351

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital da Mariña nin tampouco se contabilizan positivos nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a baixar. Segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas este domingo, na área lucense documéntanse un total de 21 positivos, un menos ca no cómputo de onte.

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña, nin tampouco se detectan infectados polo virus nas residencias da bisbarra. Os únicos dous hospitalizados na área lucense -un máis có pasado sábado- permanecen en plantas do HULA. Dezanove pacientes son atendidos en domicilio, dous menos ca onte.

No histórico da provincia contabilizáronse un total de 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que morreu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar o virus no seu período na unidade de críticos. Déronse 915 altas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 351, deles 109 son da área da Coruña, 21 da de Lugo, 27 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Non hai pacientes positivos en Uci. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.486 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 158.324.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...