IniciosociedadeViveiro e Cervo prohiben as fogueiras en espazos públicos polo San Xoán

Viveiro e Cervo prohiben as fogueiras en espazos públicos polo San Xoán

A celebración das cacharelas deberá cumprir con normas máis restritivas por mor do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través dun bando da alcaldesa, María Loureiro, fixo públicas as normas para a celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro, con maiores restricións este ano pola crise sanitaria da Covid-19.

Nesta ocasión, queda prohibida a realización de fogueiras en espazos públicos. Poderán realizarse en lugares privados, debendo respectarse en todo caso as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias.

Ademais, como en anos anteriores, non está permitido queimar aceites, líquidos inflamables, envases con gases nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido. Prohíbese tamén queimar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.

Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, inmobles, depósitos que puidesen conter material inflamable, masas arbóreas ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.

Cada fogueira terá un ou varios responsables que deben poñerse en contacto previamente coas oficinas municipais. O prazo máximo para comunicar as fogueiras de San Xoán remata o 19 de xuño e para as fogueiras de San Pedro o 26 de xuño.

En Cervo, onde lembran tamén que non se permitirán cacharelas en lugares públicos, o prazo para solicitar as fogueiras de San Xoán rematará ás 20.00 horas do 21 de xuño.

Os interesados en anotarse deberán presentar comunicación previa de actividade, segundo o modelo oficial que figura na páxina web do Concello, remitindo un correo electrónico á dirección concello.cervo@eidolocal.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...