IniciosociedadeSegue o descenso, a contagotas, dos casos de coronavirus na provincia: 19

Segue o descenso, a contagotas, dos casos de coronavirus na provincia: 19

O número de positivos en Galicia ascende a 349; non se documentan infectados no Hospital da Mariña nin nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo segue a baixar a contagotas. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta no seu reconto oficial deste martes un total de 19 positivos, un menos ca onte; o pasado 14 de xuño a Consellería de Sanidade contabilizaba 21 infectados, por 22 do pasado día 13.

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. Os únicos dous pacientes hospitalizados a causa da pandemia, cifra que non varía, permanecen no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 17 doentes, un menos ca onte, son atendidos en domicilio.

Tampouco se detectan casos nas residencias de maiores da bisbarra.

No tocante ao histórico da provincia, documéntanse 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta persoa que morreu na Uci de Burela tras superar o virus no seu período na unidade de críticos. Déronse 917 altas.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...