Mínima repunta dos casos de coronavirus na provincia e en Galicia

O Sergas documenta 17 positivos na área lucense, fronte aos 18 de onte, e un total de 343 na comunidade, con dous infectados máis


O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo experimentou unha mínima repunta, segundo o reconto oficial ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 18 os positivos documentados na área lucense, un máis ca onte.

No Hospital Público da Mariña non hai ingresados por Covid-19. O único hospitalizado na provincia a causa da pandemia -un menos ca onte- permanecen no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 17 pacientes, dous máis, son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que ingresou na Uci de Burela por coronavirus e faleceu malia superar a doenza durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 919 altas.

A nivel galego, o número de casos volveu subir este xoves ata situarse en 343.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here