IniciosociedadeSegue ao ralentí a evolución dos casos de coronavirus: 17 na provincia,...

Segue ao ralentí a evolución dos casos de coronavirus: 17 na provincia, un menos, e 341 en Galicia

Non hai ingresados por Covid-19 na Mariña e o único hospitalizado na área lucense permanece nunha planta do HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue variando minimamente. O reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta 17 positivos, un menos ca onte.

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. A única persoa hospitalizada a causa da pandemia na área lucense permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 16 pacientes, un menos ca onte, son atendidos en domicilio.

Non se documentan casos nas residencias da Mariña Lucense.

No histórico da provincia, o Sergas contabiliza 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que faleceu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar a doenza no seu período na unidade de críticos.

A nivel galego, o número de casos baixa a 341.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...