IniciosociedadeO Concello licita as obras de recheo do paseo marítimo de Covas

O Concello licita as obras de recheo do paseo marítimo de Covas

O goberno tentará evitar o deterioro do subsolo coas actuacións, que financiará o Plan Único da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro iniciou o expediente de contratación para a execución das obras de mellora do paseo marítimo de Covas, que á altura dos illotes dos Castelos precisa do recheo e reforzo dunha zona oca que supón un perigo para os viandantes, para a circulación e tamén para a veciñanza que vive nese lugar. 

Neste lugar, o paseo marítimo está exposto á forza do mar e recibe fortes impactos. Así, segundo expón o Concello, o muro que separa a vía da praia está deteriorado, ata o punto de que se desprenderon algunhas pedras, ademais de filtrarse auga cara o interior da vía. Isto provoca baleiros no terreo e danos no pavimento.

CATAS

No pasado mes de marzo, o goberno local realizou catro catas para analizar a situación na que se atopa o subsolo. As probas demostraron que había un oco baixo a soleira de sustentación do pavimento, cunha dimensión de cinco por tres metros

na zona, a vía está exposta ao mar, que provocou unha zona oca perigosa para peóns, veciños e condutores

ACTUACIÓNS

As obras consistirán na demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de cinco por quince metros; na retirada do material de recheo existente baixo a soleira; no posterior recheo da zona con formigón ciclópeo, que permitirá tamén reforzar o muro que sostén o paseo; na reposición dos servizos afectados -rede de pluviais e saneamento, alumeado público-; e na restitución do pavimento, cunha soleira de formigón armado sobre a que se disporá baldosa hidráulica similar a existente.

FINANCIAMENTO

O orzamento ascenderá a 43.626 euros e o goberno local incluirá esta actuación dentro dos investimentos solicitados á Deputación de Lugo dentro do marco do Plan Único, aprobado no pasado mes de xuño. O goberno local asegura que preferiu agardar ao final da época turística estival para iniciar os traballos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...