IniciosociedadeQuinto día seguido sen variar o número de positivos na provincia, 17;...

Quinto día seguido sen variar o número de positivos na provincia, 17; son 331 casos en Galicia

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña nin tampouco nas residencias da bisbarra; o único hospitalizado fica nunha planta do HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por quinto día consecutivo, cun total de 17 positivos, segundo o reconto oficial ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Non hai ingresados por Covid-19 no Hospital Público da Mariña. O único paciente hospitalizado a causa da pandemia na área lucense permanece nunha planta do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Dezaseis doentes son atendidos en domicilio.

Tampouco se detectan persoas infectadas nas residencias da bisbarra.

No histórico da provincia documéntanse 28 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais dunha sexta vítima mortal que ingresou por Covid-19 e faleceu na Uci de Burela malia superar a doenza durante o seu período na unidade de críticos. Déronse 921 altas.

No tocante a Galicia, houbo un novo descenso dos casos, de 335 a 331.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...