IniciosociedadeOs dez positivos documentados na Mariña aumentan a 27 o número de...

Os dez positivos documentados na Mariña aumentan a 27 o número de casos na provincia

O reconto oficial do Sergas non contabiliza máis infectados polo momento, á espera do resultado de alomenos 25 probas realizadas

Publicada o

- Advertisement -

Os dez positivos de coronavirus detectados o pasado mércores na Mariña Lucense, entre eles oito pertencentes a un brote nunha familia de Xove, fixeron aumentar a 27 o número de casos positivos de coronavirus documentado na provincia de Lugo, segundo o reconto oficial ofrecido este mediodía polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

No Hospital Público da Mariña permanece ingresado con Covid-19 un home de 71 anos, residente en Burela. No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) hai outra persoa hospitalizada. Ambos pacientes están en planta.

Un total de 25 doentes, entre eles os oito diagnosticados do mesmo núcleo familiar e unha muller que deu positivo nunha proba de Covid-19 previa a unha operación no centro hospitalario de Burela, permanecen nos seus domicilios.

Segundo confirmou o propio Sergas, realizáronse alomenos 25 probas PCR máis, polo que nas vindeiras horas poderían confirmarse máis positivos.

O ALCALDE DE XOVE ADMITE “RELAXACIÓN”

O alcalde de Xove, o popular Demetrio Salgueiro, precisou que “só unha das oito persoas” que deron positivo é deste municipio, “un home duns 60 anos” que se atopa en corentena. O resto “son familiares que residen noutros municipios próximos desta comarca”, afirmou.

“Son un pai, as fillas, os xenros, de diferentes idades“, expuxo o rexedor, que subliñou que “case todos” están asintomáticos” en liña co manifestado pola Consellería de Sanidade.

Tras este brote, o alcalde admitiu que existe “preocupación”, pero apelou á tranquilidade entre a poboación, á que instou, no entanto, a manter as “medidas de precaución”. “A distancia e o uso de máscaras”, lembrou.

“Había certa relaxación“, admitiu o alcalde, que insistiu en que o “risco alto” persiste pola presenza do virus a pesar da entrada na ‘nova normalidade‘. “Está entre nós e hai que evitar que se propague”, recalcou.

333 CASOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 333, deles 102 son da área da Coruña, 27 da de Lugo, 22 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 28 da de Santiago e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, cinco están en unidades de hospitalización e 328 no domicilio. Non hai pacientes positivos en Uci. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.563 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 170.204.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...