IniciosociedadeConfirmados dous focos de coronavirus na Mariña, en Xove e Burela, con...

Confirmados dous focos de coronavirus na Mariña, en Xove e Burela, con 18 positivos

A Xunta, que rastrexou a "máis de cen" contactos, incide en que aínda hai persoas á espera do resultado das probas e avalía se hai relación entre os dous núcleos de Covid-19 da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou de que rastrexou “máis de cen persoas” ata o momento, todas relacionadas cos dous focos de coronavirus existentes na Mariña Lucense, en Xove e Burela. Por agora documéntanse un total de 18 positivos.

Destes dezaoito casos activos, alomenos once están directamente relacionados co brote localizado nun núcleo familiar de Xove, que deixou infectados en varios municipios da Mariña Lucense. Outros sete non teñen en principio relación directa, aínda que o Sergas estuda se hai unha conexión entre os dous focos.

“A Xunta de Galicia avalía a posibilidade de que os dous focos de coronavirus activos na comarca de A Mariña, o de Burela e o de Xove, estean relacionados entre sí, polo que segue a investigar todas as posibles relacións entre eles para determinar este feito”, sostén Sanidade nun comunicado.

Polo de agora, só hai unha persoa ingresada por Covid-19 no Hospital Público da Mariña, un home residente en Burela de 71 anos, que se atopa en planta. Os outros 17 son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...