A Xunta non reporta este domingo novos positivos de coronavirus no brote da Mariña, con 22 casos

Seguen a realizarse probas aos contactos dos infectados, repartidos por varios municipios da bisbarra aínda que con dous focos principais, en Xove e Burela

Entrada de urxencias do Hospital da Costa. AXM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) non reportou oficialmente este domingo ningún novo caso de coronavirus no brote da Mariña Lucense, onde mantén que se documentaron ata o de agora 22 positivos. A Consellería de Sanidade continúa rastrexando contactos dos contaxiados, con dous núcleos principais en Xove e Burela, aínda que con infectados en varios municipios da bisbarra.

Dos 22 infectados segundo o reconto oficial, un deles atópase ingresado nunha planta do Hospital Público da Mariña, polo momento estable.

Ao longo da xornada continuaron as probas realizadas ás persoas relacionadas cos positivos, nunha investigación que supera os 150 cidadáns, segundo a mesma fonte.

O número de casos activos na provincia ascende a 39. Só hai dous hospitalizados na área lucense; ademais do mencionado, un veciño de Burela de 71 anos, hai unha persoa ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here