Agora que se despide o mes da sega, tamén toca o adeus neste Diario da nova normalidade —antes Diario de corentena ou de desescalada—. No Xornal da Mariña, Xornal de Lemos e o Lugo Xornal enfiamos experiencias deste tempo estraño para tecer memoria. Pero ollo!, ese tempo que me deu por cualificar como estraño aínda non concluíu, e así nolo advirte a realidade: no ano sen primavera, a finais de xuño rebrota a natureza do virus.
No norte da provincia andan alerta (por tantas cousas…!), pero tampouco deste lado do Xistral nos debemos confiar. Porque, certamente, os tempos sempre son estraños para todas. Miren se non o reparto do mesmo no debate electoral que emitiu onte a Televisión de Galicia…
Preme abaixo para ler a despedida do Diario da Nova Normalidade, que se iniciou durante a corentena e que contou o coronavirus desde a perspectiva dos tres xornais.
Punto final do diario da nova normalidade: o que remata e o que vén